Sala de prensa

 
Santiago, 24 de Outubro de 2024
Fotos: Rocío Cibes

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura Tattoo. Arte baixo a pel, a maior exposición internacional sobre tatuaxe desenvolvida ata o momento. A mostra ábrese ao público no Gaiás logo de ser visitada por máis de dous millóns de persoas no seu amplo percorrido por museos e institucións culturais de Francia, Canadá, Estados Unidos, Taiwán, Rusia e os centros da Fundación “la Caixa” en España.

Santiago, 20 de Outubro de 2024

A exposición Tattoo. Arte baixo a pel, impulsada pola Xunta de Galicia e o musée du quai Branly–Jacques Chirac (Francia) coa colaboración da Fundación “la Caixa”, exhibirá a partir do vindeiro xoves 24 de outubro na Cidade da Cultura obras dalgúns dos mellores artistas da tatuaxe actual nun formato único e innovador.

Santiago, 16 de Outubro de 2024

A segunda cita de Ópticas contemporáneas, o ciclo impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, propón ao público unha experiencia sonora e visual que reflexiona sobre cuestións actuais abordadas pola antropoloxía e as ciencias sociais.

Santiago, 13 de Outubro de 2024

A Xunta de Galicia lanza unha audioguía para dispositivos móbiles destinada a facer máis accesible a visita ás exposicións do Museo Gaiás, tamén para as persoas con dificultade auditiva, ao incorporar explicacións en lingua de signos. Esta app está dispoñible polo momento para a mostra Unha vida viquinga e inclúe tamén audio e texto en tres idiomas.

Santiago, 12 de Outubro de 2024

A Xunta de Galicia fomenta alternativas de lecer cultural para as familias con Zapaburu. Unha actividade que chega por primeira vez a Galicia na que a arte xa non se enfoca exclusivamente desde unha perspectiva didáctica, senón que se transforma nun espazo para experimentar con todos os sentidos as distintas pezas que compoñen a instalación. O seu obxectivo é estimular a creatividade na primeira infancia e facer dos museos un lugar accesible para os nenos e nenas.

Páxinas