Sala de prensa

 
Santiago, 31 de Xaneiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, avanzou esta mañá o programa expositivo da Cidade da Cultura de Galicia para este ano, que propón unha trintena de mostras, instalacións inmersivas e intervencións artísticas que abrirán as súas portas nos diferentes espazos do Gaiás, pero que chegarán tamén a vilas e cidades de Galicia, así como a Madrid e outros lugares fóra da nosa comunidade.

Santiago, 30 de Xaneiro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo coa que a Xunta de Galicia celebra o Día da Ilustración, efeméride coa se conmemora a data de nacemento de Castelao e que este ano está dedicada ao artista de Mondoñedo,  autor de obras icónicas como cartelista e muralista e que traballou man a man con Isaac Díaz Pardo durante 40 anos en Sargadelos.

Santiago, 29 de Xaneiro de 2025

A Cidade da Cultura acaba de ser elixida como insignia da cultura galega en 2024 polo Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, un prestixioso informe elaborado coas valoracións de máis de 400 expertos e profesionais de toda España que mantén a Galicia, repetindo o posto do 2023, como a sexta comunidade pola calidade e innovación da súa oferta. Trátase dun recoñecemento que foi entregado hoxe en Málaga á directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.

Santiago, 28 de Xaneiro de 2025

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia vén de nomear a Verónica Santos Farto (Paredes-Vilaboa, Pontevedra-1973) directora de Acción Cultural. A designación, que se publicará no Diario Oficial de Galicia nos próximos días, prodúcese tras obter a maior valoración nun proceso de selección convocado pola Fundación, suxeito aos principios de transparencia, igualdade, mérito e capacidade.

Santiago, 25 de Xaneiro de 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de anunciar a programación para este ano do festival infantil de curtametraxes Pequefilmes, con máis de 70 películas dunha vintena de países que converten a Cidade da Cultura no escaparate do mellor cinema de animación internacional para a cativada.

Páxinas