O primeiro concerto do ciclo Ópticas contemporáneas, organizado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, liga este domingo os sons dos devanceiros coa composición contemporánea. A actuación reúne o ensemble Música Práctica co multiinstrumentista e luthier Abraham Cupeiro, convidado de honra para interpretar por primeira vez en Galicia a obra A constelación de Saxitario, composta especificamente para el polo compostelán Fernando Buide.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, sumouse aos centos de familias que se achegaron ao Gaiás a gozar dunha nova edición de Cidade Imaxinaria, que inclúe este ano seis espectáculos e oito zonas de actividades. Unha oportunidade, resaltou, para “despedir as vacacións da cativada cunha ampla programación de circo, teatro, maxia e música que encadramos no CulturON, a nosa campaña estival”.
A Xunta de Galicia e o Musée du Quai Branly-Jacques Chirac (Francia) veñen de asinar un acordo para exhibir este outono en Galicia unha das maiores exposicións internacionais sobre tatuaxe. Co título Tattoo. Arte baixo a pel, a mostra explora a historia e simboloxía cultural, social, estética e relixiosa desta práctica e intenta explicar as razóns de que as tatuaxes estean presentes en todas as épocas históricas e zonas xeográficas do mundo.
A Cidade da Cultura, na súa liña de programación para todos os públicos, convida as familias a festexar en Cidade Imaxinaria, unha das citas imprescindibles do final do verán para gozar dun ocio compartido entre cativada e persoas adultas.
O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe nas Torres Hejduk da Cidade da Cultura a instalación interactiva H+E, coa que a creadora visual Isabel Merchante e o crítico, comisario e historiador da arte Óscar Manrique renden tributo artístico á colaboración humana.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- …
- seguinte ›
- última »




