Sala de prensa

 
Santiago, 18 de Xuño de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe en Ourense a exposición A Vía da Prata. Aires do Sur, unha mostra que reivindica o patrimonio cultural e histórico do Camiño desde Sevilla a Santiago de Compostela cunha presenza moi relevante das terras da provincia de Ourense, retratadas da man de ata 30 fotógrafas e fotógrafos clásicos e contemporáneos.

Santiago, 17 de Xuño de 2024

A Cidade da Cultura de Galicia disporá no concerto de Budiño —programado para o Día da Música— de mochilas vibratorias equipadas con tecnoloxía para mellorar a experiencia musical de persoas xordas ou con perda auditiva. A medida enmárcase nas iniciativas impulsadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para acadar os obxectivos da futura Lei de Cultura Accesible e Inclusiva de Galicia.

Santiago, 14 de Xuño de 2024

A Xunta de Galicia deu a coñecer hoxe o cartel da décimo cuarta edición do ciclo de concertos Atardecer no Gaiás, cita consolidada no verán para os amantes da música en vivo. Nesta ocasión son 16 as propostas gratuítas para gozar ao aire libre na Cidade da Cultura, cun programa diverso no que teñen cabida os estilos que máis están a soar entre o público novo, como o rap, o neo-tradi, o pop —nas súas vertentes indie e electrónica— e os ritmos tropicais.

Santiago, 11 de Xuño de 2024

A Cidade da Cultura volve este mes de xullo co seu Verán en Familia, que nace coa intención de que nenos, nenas e adultos poidan gozar de espectáculos culturais ao aire libre nas tardes estivais. A programación, composta por un total de catro propostas artísticas, desenvolverase os mércores 3, 10, 17 e 31 de xullo ás 19,00 horas no Xardín do Teatro. A entrada é libre e de balde ata completar capacidade.

Santiago, 10 de Xuño de 2024
Foto: Manuel G. Vicente

A Cidade da Cultura de Galicia acolleu este sábado preto dun milleiro de persoas que percorreron os espazos exteriores do Gaiás baixo unha poeira de cores para celebrar a primavera. A Holi Gaiás, popular carreira lúdica que cumpre a súa sexta edición, converteuse xa nun clásico das festas ao aire libre en Santiago de Compostela desta época do ano, coa súa mestura de deporte, natureza e música e onde o espírito lúdico se impón ao competitivo.

Páxinas