O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presidiu esta mañá a última reunión do ano do padroado da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, xuntanza na que destacou a “expansión que experimenta o Gaiás”, acreditada por datos como que pechará 2024 con máis de 1,4 millóns de visitas ou sendo o ano da súa historia no que máis persoas participaron no seu programa de actividades. A estimación é que, unha vez computados os datos de decembro, o exercicio remate con preto de 250.000 participantes.
A exposición Unha vida viquinga supera xa as 50.000 visitas desde a súa apertura o pasado mes de xullo na Cidade da Cultura de Galicia. A pouco menos dun mes de pechar as súas portas, esta mostra internacional que exhibe pezas históricas e arqueolóxicas de Suecia, Dinamarca ou Francia sitúase entre as tres máis visitadas da historia do Museo Centro Gaiás, xunto a Faraón, rei de Exipto (2021) e Galicia un relato no mundo (2019-2020).
A Xunta de Galicia convida as familias a descubrir na Cidade da Cultura a instalación Yule, un Nadal viquingo no Gaiás, que coa exposición Unha vida viquinga como pano de fondo, nos transporta ao mundo nórdico e ás súas tradicións e símbolos do solsticio de inverno, ao tempo que acolle ao longo destas festas sesións de contacontos e obradoiros creativos para a rapazada.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dá a coñecer este sábado no marco do Culturgal, celebrado en Pontevedra, as actividades de Nadal que terán lugar no Gaiás a partir do vindeiro martes 3 de decembro. Coa mostra Unha vida viquinga como pano de fondo, a Cidade da Cultura inspírase este ano nos festexos do Yule nórdico para recrear no museo un pequeno poboado viquingo que acollerá obradoiros infantís de xoiaría ou tatuaxes temporais con runas.
O Galiverso, proxecto de realidade virtual impulsado pola Xunta de Galicia, estrea unha nova experiencia que achega ao público marabillas naturais, arqueolóxicas e históricas de Galicia nos que a pedra é a protagonista.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- …
- seguinte ›
- última »




