Sala de prensa

 
Santiago, 17 de Febreiro de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia, en colaboración con 7HCoop, acollerá o vindeiro 7 de marzo a iniciativa Cidade Creativa, un gran networking de emprendedores creativos. Ao longo de todo o día, un total de 50 artistas darán a coñecer os seus traballos a través dunha pequena feira de artesanía e produto, exhibicións e intercambio de coñecementos en vivo.

Santiago, 17 de Febreiro de 2017

Camilo José Cela 1916-2016. O centenario dun Nobel. Un libro e toda a soidade despídese esta fin de semana tras tres meses de exposición na Cidade da Cultura de Galicia. A mostra máis ambiciosa realizada ata o momento sobre o escritor galego pechará as súas portas este domingo, clausurando así o acto central do programa preparado pola Xunta de Galicia e Acción Cultural Española para conmemorar os cen anos do seu nacemento en Iria-Flavia.

Santiago, 13 de Febreiro de 2017

Rodrigo García, autor de obras irreverentes e “textos que estalan como bombas’, será o encargado de pechar este mércores, 15 de febreiro, Escenas do Cambio. Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción da Cidade da Cultura. Será cunha das súas obras cumio: Muerte y reencarnación en un cowboy, que terá lugar ás 20:30 horas no Museo Centro Gaiás.

Santiago, 07 de Febreiro de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia celebra o vindeiro 27 de febreiro o seu tradicional Baile de Entroido cunha proposta moi viaxeira: A volta ao mundo en 80 Entroidos, dúas horas nas que adentrarse na tradición do noso Entroido e de diferentes países do mundo e bailar ao ritmo de DJ Bigote Mix as mellores cancións do Carnaval.

Santiago, 06 de Febreiro de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia celebrará o vindeiro 4 de marzo a sesión de Nexos cancelada en xaneiro. O aforismo e a beleza da síntese terá lugar a partir das 12:00 horas no auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca e Arquivo de Galicia e contará coa presenza do profesor Jorge Wagensberg e a actuación musical da soprano Carmen Gurriarán e o pianista Pablo Seoane.

Páxinas