A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dá a coñecer o nome dos corenta creadores seleccionados para participar no VII Encontro de Artistas Novos “Cidade da Cultura”, que terá lugar do 27 de ao 31 de agosto no Gaiás.
O equipo dirixido por Rafael Doctor, director do Encontro de Artistas Novos, destacou a calidade dos proxectos presentados para esta sétima edición, que recibiu máis de 200 solicitudes. Todos aqueles que presentaron o seu proxecto para optar a unha praza neste VII EAN xa poden consultar o listado de seleccionados no web do Gaiás. Cultura e Educación recórdalle aos seleccionados que deberán confirmar a súa praza antes do 27 de xullo tal e como se indica nas bases.
Colaboración co Ministerio de Cultura arxentino
O EAN deste ano conta cola colaboración do Ministerio de Cultura da Nación da República Arxentina que, a través da Dirección Nacional de Promoción Exterior da Cultura e do seu ‘Programa de axudas para proxectos artísticos no exterior’ (APEX), posibilitará a presenza de tres artistas arxentinos na edición deste ano.
A Cidade da Cultura acollerá do 27 ao 31 de agosto a sétima edición do Encontro de Artistas Novos, no que creadores emerxentes convivirán durante unha semana ao redor da arte contemporánea. Este ano, os participantes contarán coa experiencia de artistas consolidados Berta Álvarez Cáccamo, Xosé Artiaga e María Cañas.
Intervención nas Hejduk
Este ‘VII Encontro de Artistas Novos’ celebrará un Foro Aberto no que todos os participantes terán a posibilidade de realizar unha presentación pública centrada no seu traballo e proxecto creativo persoal, servindo de plataforma e escaparate das súas creacións.
A maiores, a Cidade da Cultura abre a posibilidade de que un ou varios dos participantes sexa elixido para realizar unha intervención artística nas Torres Hejduk do complexo. Con esta iniciativa, o complexo do Gaiás busca apostar polo talento emerxente, cedéndolle un espazo expositivo non convencional para que poidan darlle renda solta á súa creatividade.
De feito, o VII EAN finalizará coa inauguración do proxecto gañador da anterior edición: ‘A través de un horizonte sin cuerpo’, de Freddy Solano. O artista, de orixe salvadoreña pero residente actualmente en Vigo, plasmará no Gaiás o seu concepto da arte como ocupación e intervención do espazo público. Baseándose no concepto de transparencia, Solano realizará un mural que busca ser unha intervención atmosférica integrada na contorna e mimetizada coa paisaxe do Gaiás.
SELECCIONADOS:
- Alejandro Acín
- José Ramón Ais
- Aylén Barlonina Luna
- Estela Barone
- Debbo Barreiro
- Luna Bengoechea
- Miguel Ángel Braceli
- Los Bravú (Dea Gómez & Diego Omil)
- Ana Ciscar Cebria
- Matías Daporta
- Estela de Castro
- Isabel Cortés Atance
- Andrea Domínguez Torres
- Héctor Eliazar
- Pablo García
- Estela G. García
- Jon Gorospe
- Julia Huete
- Raúl Kalesnik
- Leyre León Álvarez
- Julio Linares
- Inés Maestre
- Irene Martínez
- Alberto Martínez Centenera
- Miriam Martínez Guirao
- Mª de Carmen Martínez Selma
- Ana Paes Rodríguez
- Alejandro Pascuale
- Alberto Pena
- Marta Pinilla
- Agustina Queijeiro
- Francisco Ramallo
- José Salguero
- Acaymo Santana Cuesta
- Gonzalo Sellés
- Mar Suárez
- Cristina Toledo Bravo de Laguna
- Santiago Torres
- Lorena Varela
- Ariadna Yañez
Suplentes
- Mar Alcaide
- Raquel Bartolomé
- Ángeles Cadel
- Nieves Córdoba
- María del Carmen Díez
- Marta Galindo
| 202.83 KB |
