A Cidade da Cultura de Galicia despide o Atardecer no Gaiás de xullo con tres novos concertos dos que gozar na praza central: C. Tangana, Víctor Prieto e Músculo!
Por indisposición do artista, vémonos na obriga de aprazar o concerto de hoxe de C. Tangana ao vindeiro mércores, 26 de xullo.
Desde a Cidade da Cultura lamentamos profundamente o malestar que esta cancelación, allea totalmente á organización, poida ocasionarvos.
O Atardecer no Gaiás de hoxe contará coa pinchada prevista de DJ Chago a partir das 21 horas. Con entrada libre.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dá a coñecer o nome dos corenta creadores seleccionados para participar no VII Encontro de Artistas Novos “Cidade da Cultura”, que terá lugar do 27 de ao 31 de agosto no Gaiás.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acompañou hoxe o premio Nobel de Física 2012, Serge Haroche, na súa visita á Cidade da Cultura de Galicia, un percorrido no que tamén participou o profesor Jorge Mira. Haroche visita estes días a capital galega no marco do Programa de divulgación científica ConCiencia 2017, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela.
A Cidade da Cultura de Galicia celebra esta semana tres novos concertos de Atardecer no Gaiás 2017, con música para todos os gustos: da cumbia alternativa de Bareto ao trap de C. Tangana e os ritmos brasileiros de Gustavo Almeida.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 188
- 189
- 190
- 191
- 192
- 193
- 194
- 195
- 196
- …
- seguinte ›
- última »




