O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, deu esta mañá a benvida aos 40 seleccionados para participar no VII Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia (EAN_VII), todos eles creadores emerxentes chegados ao Gaiás desde diferentes puntos de Galicia, do resto do España e tamén de América Latina, grazas a unha colaboración co Goberno de Arxentina, que ofertou unha bolsa a tres deles.
A Cidade da Cultura de Galicia será de novo escenario, os días 6 e 7 de setembro, de parte dos Encontros do WOS Festival que este certame de cultura urbana e vangardista celebra en espazos emblemáticos de Santiago de Compostela.
A Cidade da Cultura de Galicia convida os máis pequenos e pequenas a subir ao Gaiás todos os sábados de setembro para sacar fóra o grande artista que levan dentro. Será grazas ao programa creativo Findes na Balea, que volve á programación do Museo Gaiás para que nenos e nenas experimenten coa súa faciana creativa a través das exposicións que acolle na actualidade: Da árbore á cadeira e Flor Novoneyra.
A banda galega Triángulo de Amor Bizarro será a encargada de pórlle o alfinete de ouro, o vindeiro sábado, día 26, á sétima edición de Atardecer no Gaiás, no que será o 21 e derradeiro solpor musicado deste verán na Cidade da Cultura de Galicia.
O ciclo Atardecer no Gaiás contará esta semana cunha nova sesión de cinema ao aire libre. Nesta ocasión, permitirá gozar de This is Spinal Tap, un falso documental de culto que se poderá ver en versión orixinal, con subtítulos en galego. Esta proxección virá precedida, como vén sendo habitual, por unha pinchada personalizada do coñecido DJ Isaac Torgal, que contextualizará cos seus temas o mundo e xénero musical que se aborda no filme.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 186
- 187
- 188
- 189
- 190
- 191
- 192
- 193
- 194
- …
- seguinte ›
- última »




