O Museo Centro Gaiás exhibe desde hoxe Cinema e emocións. Unha viaxe á infancia, unha exposición organizada por La Cinémathèque française e a Fundación ”la Caixa”, en colaboración coa Xunta de Galicia no marco do Xacobeo 2021. A mostra convida a un percorrido a través dun século de historia do cinema e a unha reflexión sobre o papel fundamental da infancia na creación de relatos e personaxes no cine, así como sobre a influencia que ten a sétima arte no propio desenvolvemento persoal durante a nenez.
Atardecer no Gaiás —o ciclo de concertos de balde e ao solpor da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura— contará este xoves co soul e co jazz da portentosa voz da cantante Xoana, finalista co seu traballo ‘Dardos’ ao Mellor Disco en Galego dos Premios de la Música Independiente (MIN), onde chegou a estar nominada en sete categorías.
A Cidade da Cultura deu a coñecer hoxe os nomes dos 40 creadores galegos emerxentes que foron seleccionados para participar no Encontro de Artistas Novos (EAN), que lles dará a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no Gaiás, durante a que dar a coñecer o seu proxecto creativo. Poderán tamén intercambiar experiencias profesionais con outros artistas emerxentes e consolidados, comisarios ou prensa especializada, e optar a realizar unha intervención artística nas Torres Hejduk do complexo, co Camiño de Santiago como eixo.
Atardecer no Gaiás -o ciclo de concertos de balde e ao solpor da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura- apostará pola músicas urbanas e en galego do dúo compostelán Verto para musicar o solpor de mañá e para o que xa están todas as entradas-convites esgotadas.
A Praza Central da Cidade da Cultura acollerá o vindeiro 29 de xullo ás 21,00 horas o macroespectáculo de La Fura dels Baus NN (Nova Normalidade), unha proposta dirixida por Carlus Padrissa coa que a compañía catalá recoñece o traballo do persoal sanitario e científico que traballa na loita contra a covid-19. O espectáculo contará coa participación de máis dunha vintena de artistas galegos, que nesta función en Santiago de Compostela se sumarán ao elenco do que forman parte un centenar de actores, bailaríns e cantantes, e tamén coa colaboración de entidades locais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- …
- seguinte ›
- última »




