Sala de prensa

 
Santiago, 08 de Xuño de 2020

A Cidade da Cultura de Galicia está a desenvolver os traballos de desmontaxe e devolución das máis de 300 obras expostas na mostra Galicia, un relato no mundo. Todas elas retornan, nesta primeira quincena de xuño, ás súas entidades prestadoras, un total de 60 institucións e 21 coleccionistas de Galicia, o resto de España e outros sete países diferentes: Irlanda, Reino Unido, Italia, Portugal, Arxentina, Cuba e Uruguai.

Santiago, 05 de Xuño de 2020

A Xunta de Galicia vén de reorientar a oferta de actividades da Cidade da Cultura para este segundo semestre co obxectivo de facer da súa programación unha oportunidade para a recuperación da actividade no sector cultural tras a crise da covid-19. Creadores, técnicos, traballadores e empresas galegos e galegas terán especial protagonismo na oferta prevista para os vindeiros seis meses, período no que se intensificarán os esforzos para dinamizar este sector.

Santiago, 03 de Xuño de 2020

A Xunta de Galicia está a impulsar a produción do programa de música ao vivo Galicia Emerxe como unha das novas iniciativas xurdidas ao abeiro do seu Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19.

Santiago, 03 de Xuño de 2020

A Xunta de Galicia pecha este sábado coa premiada escritora Ledicia Costas o Club das Lerchiñas da Cidade da Cultura, ciclo de contacontos en liña –da campaña de lecer e formación #aculturasegue– dirixido ás familias e que ata agora emitiu catro sesións nas redes sociais do Gaiás (Facebook, Instagram, Twitter e Youtube) coas historias relatadas por María Lado & Lucía Aldao, Bea Campos, Andrea Bayer e Paula Car

Páxinas