A Real Filharmonía de Galicia regresa mañá aos escenarios no Museo Centro Gaiás, despois dun parón de catro meses debido á crise sanitaria. Esta actuación, para a que xa están esgotadas as entradas-convite, pechará o ciclo Matinais clásicas, que durante tres sábados consecutivos permitiu gozar da música na Cidade da Cultura, en concertos de balde e con prazas moi limitadas en cumprimento das medidas de distancia social.
Atardecer no Gaiás —o ciclo de concertos de balde e ao solpor da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura— bota a andar mañá ás 21 horas coas composicións íntimas e vitalistas de Fon Román, ex guitarrista do coñecido grupo Los Piratas, e para o que xa están todas as entradas-convites esgotadas.
Un percorrido pola música de cámara para clarinete e trío de cordas de entre finais do século XVIII e principios do XIX foi o repertorio escollido por M. Sancho Quartet para o concerto de hoxe do ciclo Matinais Clásicas, que cada sábado está a congregar no Museo Centro Gaiás a un cento de asistentes para gozar da música clásica en recitais de pequeno formato e prazas limitadas.
Atardecer no Gaiás –o ciclo de concertos de balde e ao solpor da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura– volveralle pór banda sonora ao verán do 9 de xullo ao 3 de setembro con actuacións ao aire libre os xoves.
A Cidade da Cultura de Galicia ten aberta nas Torres Hejduk a instalación artística Paisaxes incultas, unha intervención de Cristina García Fontán, na que enxalza o importante valor para o patrimonio cultural do monte autóctono galego e na que nos advirte da metamorfose que está a sufrir pola invasión de especies adventicias.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- …
- seguinte ›
- última »




