Sala de prensa

 
Santiago, 19 de Xuño de 2020

A exposición Galicia, de Nós a nós reunirá en outubro na Cidade da Cultura máis de 300 pezas na que aspira a ser a mostra máis completa e ambiciosa realizada ata o de agora sobre a Xeración Nós e unha das citas culturais imprescindibles deste outono, no que conmemoramos o centenario da publicación da revista Nós.

Santiago, 12 de Xuño de 2020

O quinto webinario dos Foros #ACULTURASEGUE. Reflexións sobre a cultura na era poscovid-19 estivo centrado esta tarde nos desafíos aos que se enfronta o sector do cinema e o audiovisual no contexto actual. A sesión estivo conducida polo director da Agadic, Jacobo Sutil Nesta, e contou coa participación da cineasta catalá Carla Simón e o produtor e CEO de Portocabo, Alfonso Blanco.

Santiago, 11 de Xuño de 2020

 A Xunta de Galicia pon en marcha na Cidade da Cultura a Escoliña de Merlíns e Morganas, un campamento de maxia virtual dirixido á cativada de entre 8 a 12 anos e impartido por Pedro Volta, un dos ilusionistas galegos máis internacionais. A formación e inscrición será por quendas semanais, entre o 22 de xuño e o 18 de xullo, con tres días de aprendizaxe por internet que se completará cun encontro presencial os sábados no Gaiás para pór en común todo o aprendido.

Santiago, 10 de Xuño de 2020

Os desafíos aos que se enfronta no contexto actual o sector audiovisual será o tema central do debate no quinto webinario convocado polos Foros #ACULTURASEGUE.

Páxinas