A Xunta de Galicia porá en valor a cultura urbana feita por mulleres en Galicia nunha xornada, que se celebrará o sábado 12 de setembro no Gaiás, e que inclúe faladoiros, unha mesa de debate, un e un concerto de peche coa compositora e intérprete viguesa High Paw.
O director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, deu esta mañá a benvida aos 40 creadores e creadoras galegas que participan na décima edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, EAN10. O Encontro, que promove a creación contemporánea e o intercambio de coñecemento a través dunha residencia artística no Gaiás, está impulsado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura –enmarcándose ademais na programación do Xacobeo 2021– e conta coa colaboración da Fundación Banco Sabadell.
A Xunta de Galicia conmemorará o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo (22 de agosto de 1920 - 5 de xaneiro de 2012) cunha grande exposición na Cidade da Cultura, composta por obras de arte, diversos obxectos persoais, fotografías, textos, murais, documentos e proxeccións. Poderá verse no Museo Gaiás, do 6 de novembro de 2020 ao 4 de abril de 2021, e estará comisariada por dous dos seus fillos, Xosé e Camilo Díaz Arias de Castro.
A Xunta de Galicia anima as familias a gozar na Cidade da Cultura de Galicia dun Agosto monicrequeiro con tres das mellores compañías de marionetas galegas: Baobab Teatro, Tanxarina Títeres e Os monicreque
La Fura dels Baus contará coa participación de membros da centenaria Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos para o seu macroespectáculo deste mércores no Gaiás, NN (Nova Normalidade). Nel a compañía catalá salienta o papel do persoal sanitario e científico que traballa na loita contra a covid-19.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 102
- 103
- 104
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- …
- seguinte ›
- última »




