A Cidade da Cultura de Galicia reactiva o mércores 1 de xullo o seu programa de visitas comentadas ampliando a oferta con diferentes opcións para coñecer a arquitectura do complexo, o seu funcionamento e tamén os espazos naturais do Monte Gaiás. Adaptándose ás medidas e protocolos da era poscovid-19, prográmanse para os meses de xullo, agosto e setembro catro modelos diferentes de visitas guiadas, de curta duración e prazas limitadas.
A voz da viguesa Nuria Lorenzo, unha das principais mezzosopranos galegas, foi a encargada de abrir este sábado no Museo Centro Gaiás o ciclo Matinais clásicas. Acompañada do recoñecido pianista Alejo Amoedo, ofreceu un recital composto por canción galega e española, no que soaron desde o Miña Nai de Cambeiro, ao inesquecible Negra Sombra de Juan Montes ou as cancións sobre textos galegos para canto e piano de Antón García Abril, a partir de poemas de Rosalía de Castro e Alberto de las Casas.
A Xunta de Galicia organiza este serán unha andaina para recoñecer e recoller herbiñas de San Xoán polos espazos naturais da Cidade da Cultura −O Bosque de Galicia e o Parque do Lago− e para a que xa están esgotadas todas as prazas, ao ser moi limitadas cumprindo co
A Xunta de Galicia está a festexar hoxe o Día da Música na Cidade da Cultura coa celebración de tres concertos con público ao longo de toda a xornada, e que tamén están a ser retransmitidos en directo pola canle de Youtube do Gaiás e polo web cidadedacultura.gal.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 105
- 106
- 107
- 108
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- …
- seguinte ›
- última »




