O secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, presentou esta fin de semana na Feira Internacional de Arte Contemporáneo ARCO Madrid 2021 o catálogo da exposición do Museo Centro Gaiás Os brancos segredos do seu ventre, publicación á que lle deu categoría de “peza artística”.
A Xunta de Galicia sumouse hoxe á Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA) na conmemoración dos seus 21 anos de andaina nunha xornada festiva no Gaiás. Das 10,00 horas ás 20,00 horas, a Cidade da Cultura convértese en escenario dun completo programa de actividades culturais con funcións de microteatro, clow, monicreques e pezas de animación, ademais de obradoiros de escrita e lecturas dramatizadas da man das compañías que forman parte de FEGATEA.
A Xunta de Galicia amplía o vencello entre a Cidade da Cultura e o Camiño de Santiago coa instalación no Bosque de Galicia dunha intervención escultórica de Francisco Leiro, Zapatos no Camiño, que pode visitarse desde hoxe. A obra, composta de tres pezas realizadas en diferentes materiais, sitúase na cima da ladeira do Monte Gaiás que se abre sobre Compostela, establecendo un diálogo visual coa Catedral de Santiago e a Vía da Prata, que discorre paralela ao complexo na súa entrada á capital de Galicia.
A Cidade da Cultura de Galicia está a celebrar estes días a Residencia Literaria das REGA (Residencias Literaria do Gaiás) que conta coa participación de dez escritores e escritoras noveis, que están a intercambiar inquedanzas, experiencias e coñecementos creativos coa oportunidade de compartilas con grandes figuras do panorama literario actual, como son Sara Mesa e Berta Dávila.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, anunciou esta mañá a celebración o próximo mes de novembro de Carta de Santiago, un encontro internacional impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Paideia Galiza no marco do Xacobeo 21-22, que nace coa vocación de converterse nun gran espazo de reflexión para dar resposta aos desafíos globais que enfronta a sociedade despois dunha crise sanitaria
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 80
- 81
- 82
- 83
- 84
- 85
- 86
- 87
- 88
- …
- seguinte ›
- última »




