Sala de prensa

 
Santiago, 24 de Febreiro de 2022
Galicia futura, en Lugo. Fotos: Manuel G. Vicente

A Xunta de Galicia e Afundación inauguraron esta mañá en Lugo a primeira das itinerancias da mostra Galicia futura. Todo o que imos ser, enmarcada na programación do Xacobeo 21-22. A exposición, artellada como un diálogo entre arte, ciencia, tecnoloxía e creatividade, chega á capital luguesa tras ser visitada por preto de 36.000 persoas durante a súa estancia na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

Santiago, 22 de Febreiro de 2022

A Xunta vén de lanzar a segunda edición da Residencia Literaria da Cidade da Cultura para apoiar o e acompañar a autoras e autores inéditos no desenvolvemento dos seus proxectos literarios. Baixo a dirección do escritor Javier Peña, a residencia convoca o talento emerxente de Galicia para compartir espazo, tempo e aprendizaxes con dúas figuras recoñecidas das letras actuais, Marta Sanz e Ledicia Costas, durante dúas semanas de estadía no Gaiás.

Santiago, 18 de Febreiro de 2022

A Xunta vén de convocar unha nova edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura – EAN que, co obxectivo de apoiar a arte emerxente, ofrece a 40 novas figuras da creación contemporánea a oportunidade de participar nunha estancia de catro días no Gaiás, durante a que compartir experiencias con outros artistas, tanto noveis como consolidados creadores do panorama nacional e internacional.

Santiago, 17 de Febreiro de 2022

A Xunta de Galicia despide este domingo 20 de febreiro Castillo, escultor, a primeira exposición retrospectiva realizada ata o momento que se centra na escultura do artista pontevedrés Jorge Castillo Casalderrey, faceta máis descoñecida que a da súa obra pictórica, pero sobre a que traballou desde os seus inicios como artista, establecendo un intercambio constante entre as dúas disciplinas.

Santiago, 11 de Febreiro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, avanzou esta mañá as liñas mestras do programa da Cidade da Cultura para este ano, co obxectivo de organizar 200 actividades nas que participen máis de 250.000 persoas, e coa cifra récord de 25 exposicións, cunha decena de itinerancias en espazos fóra do Gaiás que chegarán a cidades como París e Madrid e a diferentes cidades e vilas galegas.

[Descarga aquí toda a información dispoñible]

Páxinas