A Xunta conmemora este ano o Día da Música —efeméride que se celebra o 21 de xuño— na Cidade da Cultura coa actuación de Ortiga, proxecto musical responsable de renovar o espírito da verbena galega a golpe de autotune, guitarra e secuenciadores. Actuará o venres 24 de xuño ás 21,00 horas na Praza Central do Gaiás, nun concerto de balde no que tamén subirán ao escenario varios artistas, amigos e colaboradores do músico compostelán.
A Xunta de Galicia despide hoxe na Cidade da Cultura a terceira edición do Encontro Galego de Cultura Popular, Serán’03 cun concerto dos coros centenarios de Cantigas e Agarimos e Cántigas da Terra.
A Xunta de Galicia converte desde hoxe ata o domingo a Cidade da Cultura nun escaparate onde amosar o momento excepcional que está a vivir a música tradicional galega. A terceira edición do Serán.
O director xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe no Gaiás, no Día Internacional dos Arquivos, a exposición Constelación Luz. Luz Pozo Garza (1922-2022), poesía, arte e vida, unha das actividades principais coas que o Goberno autonómico celebra o centenario do nacemento dunha das poetas galegas máis destacadas do século XX.
A Xunta achega a Galicia a instalación inmersiva de realidade virtual CARNE y ARENA (Virtualmente presente, Fisicamente invisible), un proxecto do cineasta mexicano Alejandro G. Iñárritu que explora a condición humana das persoas migrantes e refuxiadas, e que poderá visitarse este verán na Cidade da Cultura de Galicia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 59
- 60
- 61
- 62
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- …
- seguinte ›
- última »




