Sala de prensa

 
Santiago, 12 de Maio de 2022

A Xunta inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia unha exposición no marco da conmemoración do Día das Letras Galegas, centrada na figura de Florencio Delgado Gurriarán. A mostra Letras Galegas 2022: Florencio Delgado Gurriarán na Biblioteca de Galicia reúne arredor de 40 pezas bibliográficas relacionadas co autor de Valdeorras pertencentes aos fondos custodiados no Gaiás, entre libros, xornais, CD’s ou revistas.

Santiago, 08 de Maio de 2022

A Xunta de Galicia despide este domingo a oitava edición de Escenas do cambio cunha intensa xornada que comezou as 6.30 horas, no momento da saída do sol, cando o público puido gozar dunha singular ópera contemporánea ao amencer composta e dirixida polo artista sonoro Ramón Souto e que se interpretou nos exteriores da Cidade da Cultura. 

Santiago, 05 de Maio de 2022

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe a exposición María Casares – Pedro Soler. Collioure 1989 coa que arrinca este ano o festival de teatro, danza e arte en acción Escenas do cambio, organizado pola Xunta de Galicia na Cidade da Cultura.

Santiago, 20 de Abril de 2022

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a oitava edición de Escenas do cambio —o festival de teatro, danza e arte en acción organizado pola Xunta de Galicia a través da Cidade da Cultura—, que este ano presentará en Galicia un total de 14 pezas que transitan a vangarda do teatro, a música, a danza, as artes visuais e a performance.

Santiago, 07 de Abril de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inaugurou hoxe no Museo Centro Gaiás Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020, unha exposición que chega a Compostela froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fundación ”la Caixa” e o Vitra Design Museum de Alemaña, un dos museos máis importantes do mundo no eido do deseño.

Páxinas