O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o director xerente de Afundación, a Obra Social ABANCA, Pedro Otero, inauguraron esta mañá Santiago de Compostela no tempo, exposición que nos convida a descubrir a identidade e herdanza cultural da capital galega a través dunha escolma de 100 pezas que narran un apaixonante e poliédrico relato sobre a orixe, historia e evolución desta cidade, así como do seu universo de costumes, relacións e vivencias.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, recibiu na sede de Afundación en Santiago, xunto co director xerente desta entidade, Pedro Otero, e o reitor da universidade compostelá, Antonio López, unha das pezas máis valiosas do patrimonio bibliográfico galego: o Libro de horas de Fernando I, datado en 1055.
Con toda probabilidade trátase, segundo os especialistas, do libro máis antigo que se conserva en Galicia e formará parte da exposición Santiago de Compostela no tempo, que se abre ao público mañá venres á tarde.
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o presidente de Afundación, a Obra Social ABANCA, Miguel Ángel Escotet, presentaron esta mañá Cidades no tempo, proxecto expositivo co que ambas institucións pretenden pór en valor a identidade urbana de Galicia. Esta proposta, unha das máis complexas e ambiciosas organizadas na nosa Comunidade nos últimos anos, está composta por sete mostras diferentes, unha por cada unha das principais cidades galegas.
A Cidade da Cultura acollerá do 10 ao 12 de xuño o Serán’03, no que se darán cita ao redor dun milleiro de artistas e intérpretes de música e baile tradicional no maior evento organizado ao redor da pandeireta.
A Cidade da Cultura volve acoller, tras dous anos de parón, unha das súas actividades ao aire libre máis vistosas e saudables, a Holi Gaiás. A carreira celebrarase o sábado 4 de xuño, ás 11.00 horas, nos exteriores do complexo, cun percorrido de 5 kilómetros para a cativada e as persoas adultas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 63
- 64
- 65
- 66
- 67
- 68
- 69
- 70
- 71
- …
- seguinte ›
- última »




