Sala de prensa

 
Santiago, 06 de Xullo de 2022

As Residencias artísticas do Gaiás - REGA veñen de lanzar a súa convocatoria de 2022 na procura de proxectos culturais vencellados ás artes visuais, escénicas, musicais e ao deseño. Serán seleccionadas un máximo de catro propostas –unha por cada área–, e os seus promotores recibirán unha bolsa dotada con 8.000 euros e realizarán unha residencia de entre tres semanas e mes e medio na Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago, 01 de Xullo de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o oscarizado director Alejandro González Iñárritu, presente a través dunha videoconferencia, convidaron esta tarde a descubrir a experiencia das persoas migrantes e refuxiadas en CARNE y ARENA, o premiado proxecto de realidade virtual que chega por primeira vez a España e Portugal e que hoxe se inaugurou no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia.

Santiago, 27 de Xuño de 2022

A Xunta de Galicia programa para este verán a décimo segunda edición de Atardecer no Gaiás, que desta volta conta cun total de 16 concertos ao aire libre os xoves e venres, desde o 7 de xullo ao 26 de agosto.

Santiago, 23 de Xuño de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Román Rodríguez, e o director da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, Tomás Marco, inauguraron esta tarde en Madrid Foi un home.

Santiago, 17 de Xuño de 2022

A Xunta de Galicia e Afundación inauguraron hoxe na Coruña a mostra Galicia futura. Todo o que imos ser, artellada como un diálogo entre arte, ciencia e creatividade que explora o porvir de Galicia a partir do traballo de artistas, científicos e investigadores de vangarda.

Páxinas