A instalación inmersiva Hábitats. Natureza estendida pecha as súas portas na Cidade da Cultura o vindeiro 19 de maio cun éxito total de público. Preto de 10.000 persoas de todas as idades achegáronse a explorar coas lentes de realidade virtual os diferentes ecosistemas, animais e plantas desta aventura dixital que esgotou as entradas dispoñibles xa no pasado mes de marzo.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e o director adxunto e conservador xefe da Frick Collection de Nova York, Xavier F. Solomon, mantiveron un encontro na Cidade da Cultura no que manifestaron a súa vontade de colaborar en futuros proxectos.
A Xunta de Galicia reivindica na exposición Outras historias posibles a obra de seis artistas contemporáneas vinculadas a Galicia que despuntaron nos anos 80 do pasado século.
A Xunta de Galicia impulsa a transformación artística do patrimonio sonoro galego a través de dúas residencias dos artistas Xoán-Xil López e Matilde Meireles. Faino a través da Fundación Cidade da Cultura en colaboración co festival RESIS de música contemporánea e co Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC).
A exposición Ourense no tempo, organizada pola Xunta de Galicia a través da Cidade da Cultura e coa colaboración de Afundación, pecha as súas portas o vindeiro domingo 12 de maio con máis de 6.000 visitantes. Trátase da sexta das sete mostras que abrangue o proxecto Cidades no tempo, cuxo obxectivo de reivindicar a identidade urbana de Galicia rematará en xuño coa derradeira exposición en Pontevedra.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- …
- seguinte ›
- última »




