Sala de prensa

 
Santiago, 09 de Xaneiro de 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude clausurou o pasado domingo Unha vida viquinga. A exposición, organizada en colaboración con museos nacionais de Historia e Arqueoloxía de Suecia, Dinamarca, Francia e España, pecha as súas portas como unha das mostras internacionais organizadas polo Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura con mellor acollida por parte do público, tras recibir 60.123 visitas.

Santiago, 29 de Decembro de 2024

A Residencia Literaria que a Xunta de Galicia celebra na Cidade da Cultura acaba de propiciar o debut na narrativa galega de dúas das súas participantes na edición de 2023. A mexicana Sara Guerrero e a naronesa Ana Varela acaban de publicar en dúas editoriais galegas os libros Eu son o monte e Runrún, respectivamente. Ambos os dous son os proxectos cos que traballaron o pasado ano no encontro formativo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para escritores noveis polo que xa pasaron algúns dos autores e autoras que están a despuntar no panorama literario actual.

Santiago, 27 de Decembro de 2024

A Xunta de Galicia premiou hoxe a creatividade amosada polos máis pequenos e pequenas da casa no tradicional concurso infantil de postais da programación de Nadal no Gaiás.

Santiago, 22 de Decembro de 2024

A Cidade da Cultura e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia traballan en abrir novas vías de colaboración que contribúan a unha programación cultural inclusiva e accesible a toda a cidadanía. Neste sentido, un grupo de persoas xordas e xordo-cegas visitou a exposición Unha vida viquinga, co apoio de intérpretes en lingua de signos e da aplicación móbil de guiado da mostra.

Santiago, 19 de Decembro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presidiu esta mañá a última reunión do ano do padroado da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, xuntanza na que destacou a  “expansión que experimenta o Gaiás”, acreditada por datos como que pechará 2024 con máis de 1,4 millóns de visitas ou sendo o ano da súa historia no que máis persoas participaron no seu programa de actividades. A estimación é que, unha vez computados os datos de decembro, o exercicio remate con preto de 250.000 participantes.

Páxinas