O conselleiro de Cultura Educación, Xesús Vázquez Abad, e a firma eléctrica inauguraron hoxe o xogo de luces coas cores de Galicia, que poderá verse desde diferentes puntos da capital galega
O proxecto, xestionado pola Cidade da Cultura, busca poñer en valor o maior complexo cultural de Galicia
Este verán descobre o Gaiás dunha forma amena e orixinal a través de actividades de balde que combinan lecer, deporte e coñecemento: Camiño ao Gaiás e Astronomía. Un novo lugar para ver o ceo.
Martes de cine ambiental, obradoiros cos que achegarse á vida cotiá das etnias do Amazonas venezolano, visitas familiares con actividades didácticas para os pequenos e noites de campamento no Museo Centro Gaiás. Estas serán as primeiras actividades dun programa lúdico e didáctico co que a Cidade da Cultura achegará a exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido ao público familiar.
O conselleiro de Cultura e Educación destacou que o Museo da Cidade da Cultura é o primeiro centro de España e Portugal en exhibir a Colección Orinoco
Vázquez Abad amosoulle o seu agradecemento a Patricia Phelps e Gustavo A. Cisneros “por ver na Cidade da Cultura un espazo no que promover en España a cultura latinoamericana”
A mostra consta de 1.135 pezas das doce etnias do Amazonas venezolano, 120 imaxes de Edgardo González Niño e Charles Brewer-Carías e unha pequena colección sobre a tradición fluvial galega
Esta exposición será integramente patrocinada pola Fundación Gaiás, sen custo, polo tanto, para a Xunta de Galicia. 'Orinoco. Viaxe a un mundo perdido’ é unha das mostras de arte etnográfico latinoamericano máis importantes do mundo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 237
- 238
- 239
- 240
- 241
- 242
- 243
- 244
- 245
- seguinte ›
- última »



