O Grupo Nove celebra o vindeiro luns, 21 de outubro, na Cidade da Cultura o seu décimo aniversario cun showcooking multitudinario no Museo Centro Gaiás.
Os grupos Milladoiro e Marful e o dúo cómico Mofa e Befa son os protagonistas das tres citas do programa Magostos no Gaiás, que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolve durante este mes de outubro na Cidade da Cultura de Galicia para festexar a chegada do outono con música, teatro e castañas.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, reuniuse onte á mañá coa cellista Olga Rostropovich e co pianista Javier Otero na Cidade da Cultura de Galicia. Posteriormente realizou con eles unha visita á exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido no Museo Centro Gaiás do complexo deseñado por Peter Eisenman. Durante esta visita, estiveron acompañados pola directora xerente da Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño.
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia colaborará co Instituto Galego do Viño ofrecendo as instalacións do Gaiás para a organización da primeira edición do Curso Superior de Sumiller Profesional, iniciativa coa que se pretende avanzar na profesionalización dun sector punteiro na economía galega.
O Gaiás acollerá o primeiro Mercado das Industrias Culturais Atlánticas (MICAtlántica) do 23 ao 26 de novembro co obxectivo de desenvolver circuítos de produtos e servizos culturais entre empresarios de Arxentina, España e Portugal a través de Galicia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 235
- 236
- 237
- 238
- 239
- 240
- 241
- 242
- 243
- …
- seguinte ›
- última »




