Sala de prensa

 
Santiago, 19 de Setembro de 2013

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia colaborará co Instituto Galego do Viño ofrecendo as instalacións do Gaiás para a organización da primeira edición do Curso Superior de Sumiller Profesional, iniciativa coa que se pretende avanzar na profesionalización dun sector punteiro na economía galega.

Santiago, 18 de Setembro de 2013

O Gaiás acollerá o primeiro Mercado das Industrias Culturais Atlánticas (MICAtlántica) do 23 ao 26 de novembro co obxectivo de desenvolver circuítos de produtos e servizos culturais entre empresarios de Arxentina, España e Portugal a través de Galicia.

Santiago, 05 de Setembro de 2013

O vindeiro 5 de outubro volve ao Gaiás o ciclo Nexos. A cultura contemporánea a través das letras, co que se busca establecer un diálogo entre literatura e outras áreas do coñecemento. Nesta ocasión, o título da sesión é O longo devalo da cultura labrega.

Santiago, 02 de Setembro de 2013

Queres saber como se vive no Amazonas? E construír coas túas mans a túa casa? Gustaríache coñecer como era a vida das tribos cando os primeiros exploradores chegaron á selva? A Cidade da Cutura convida aos máis pequenos da casa a aproximarse á cultura e ao modo de vida das tribos do Amazonas a través do Obradoiro de arquitectura indíxena, que terá lugar no Museo Centro Gaiás este sábado 7 de setembro.

Santiago, 06 de Agosto de 2013

Gregory Porter, considerado pola crítica como a mellor voz do jazz actual, actuará finalmente no Museo Centro Gaiás o vindeiro martes 12 de novembro.

Tras a cancelación da súa actuación, prevista para o 26 de xullo, por mor da traxedia ferroviaria que asolou Santiago de Compostela a noite do 24 de xullo; a Cidade da Cultura reprogramou un dos concertos máis esperados do ciclo Pel de Galiña, que finalmente celebrará a súa clausura o vindeiro 12 de novembro ás 21:00 horas.

Páxinas