O Gaiás acollerá en xuño o I Foro Iberoamericano de Educación e Cultura na Era Dixital

Santiago de Compostela, 30 de Abril de 2014

A Cidade da Cultura de Galicia acollerá os vindeiros 3 e 4 de xuño o I Foro Iberoamericano de Educación e Cultura na Era Dixital (FIECED, un evento que espera posicionarse como un dos máis relevantes no terreo da educación.

A presentación tivo lugar esta mañá na Casa de América de Madrid da man de Crambo, empresa tecnolóxica española á vangarda da innovación e con máis de 25 anos de experiencia, organizadora do FIECED en colaboración coa Xunta de Galicia e Casa de América cun claro obxectivo: aunar vontades, esforzos e visións dos diferentes pobos de Iberoamérica para conseguir afrontar o maior alicerce do noso futuro: a educación na era dixital.

Neste primeiro FIECED participará a comunidade educativa con todos os seus actores (colexios, universidades, fundacións, asociacións culturais) e cos principais responsables de educación dos países iberoamericanos asistentes. Deste xeito, o programa conta coa asistencia dos maiores expertos en educación que darán a coñecer as novas tendencias en educación e cultura na era dixital a través de relatorios, casos de éxito e mesas redondas. Entre algúns dos relatores xa confirmados destacan:

  • Alejandro Piscitelli: Profesor Titular do Proxecto #humanidadesdigitales e deseñador de proxectos en prácticas e culturas dixitais. Docente de cursos de pos-grao na UBA, Facultad Latinoamericana de Ciencias Sociales (FLACSO), Universidad de San Andrés e varias Universidades arxentinas, latinoamericanas e españolas. É ex-Xerente Xral de Educ.ar (portal educativo da Nación arxentina).
  • Dr. Peter Hill: Mantivo posicións senior en educación en Australia, EEUU e Hong Kong. Actualmente é un consultor en áreas de reforma de sistemas de currículo, avaliación e certificación. Publicou numerosos artigos de investigación e foi coautor, xunto con Michael Fullan e Carmel Crévola do galardoado libro “Breakthrough” publicado por Corwin Press. As súas áreas de coñecemento principais son: Assessment, avaliación reforma de sistemas e liderado instruccional.
  • Miguel Ángel Prats i Fernández: Mestre, psicopedagogo e Doctor en Pedagoxía pola Facultade de Psicología, Ciencias de la Educación y del Deporte Blanquerna de la Universidad Ramón Llull de Barcelona. Actualmente é Director do Grao en Educación Infantil e profesor de Tecnología Educativa e investigador responsable da liña eduTIC do grupo de investigación PSiTIC (Pedagogía, Sociedad, Innovación y TIC) da FPCEE Blanquerna da Universitat Ramón Llull.
  • Celia Sánchez- Ramos: Científica e investigadora da área de Ciencias de la Visión. É Doutora na área de Medicina Preventiva e Saúde Pública, licenciada en Farmacia e diplomada en Óptica e Optometría pola Universidad Complutense de Madrid. Foi candidata aos Premios Príncipe de Asturias 2011 e en 2009 foi designada pola ONU como Mellor Inventora do Mundo.

Do mesmo modo, o FIECED contará cun concerto moi especial que ofrecerá un dos mellores músicos contemporáneos: o violinista libanés Ara Malikian.

Premios FIECED pola Educación

FIECED quere recoñecer aos profesionais e entidades que favorecen o desenvolvemento e a implantación de solucións TIC no sector educativo e que contarán con dez categorías que abarcan diferentes áreas.

OPrimeiro Foro Iberoamericano de Educación e Cultura na Era Dixital conta co Patrocinio Platinum de Telefónica, Microsoft, Intel e Crambo Latinoamérica e o Patrocinio Gold de Sharp, BenQ, Vexia, Optoma, Philips, Smart, NEC, Promethean, Sony, Atlona e Vogel’s.

Más información en www.fieced.com