A Cidade da Cultura de Galicia súmase á celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero tinguindo de lila as Torres Hejduk. Con este xesto simbólico, o Gaiás quere amosar o seu rexeitamento a unha lacra social que este ano xa se cobrou a vida de máis de 60 mulleres en España e contribuír a sensibilizar a sociedade sobre este problema.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o secretario de Cultura de la Presidencia de la Nación Argentina, Jorge Coscia, inauguraron esta mañá a primeira edición de MICAtlántica, o Mercado das Industrias Culturais Atlánticas que se celebra ata o día 29 en Santiago.
O Mercado das Industrias Culturais Atlánticas (MICAtlántica), que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría de Cultura de la Presidencia de la Nación Argentina desenvolven desde ata o martes na Cidade da Cultura de Galicia e noutros espazos de Santiago de Compostela, está a tender pontes entre Galicia e Arxentina a través dun intenso programa que inclúe exposicións, instalacións artísticas, mesas redondas, espectáculos e un desfile de moda, entre outras actividades abertas ao público e de acceso gratuíto.
MICAtlántica, o primeiro Mercado das Industrias Culturais Atlánticas que organizan en Santiago de Compostela a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría de Cultura de la Presidencia de la Nación Argentina, inicia hoxe a súa actividade profesional na Cidade da Cultura de Galicia.
O presidente do Goberno galego, referiuse á Fundación Penzol como gardiá do espírito colectivo e destacou o seu labor para recuperalo e convertelo na memoria e no futuro de Galicia. “Premiamos pois a unha Fundación que desde hai medio século soubo manter o espírito colectivo. É certo que ese espírito xa existía nos galegos, pero velaí o seu traballo para recuperalo e convertelo na memoria e no futuro de Galicia”, afirmou, durante o acto de entrega da Medalla de Ouro de Galicia a esta organización celebrado na Cidade da Cultura de Galicia.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 233
- 234
- 235
- 236
- 237
- 238
- 239
- 240
- 241
- …
- seguinte ›
- última »




