Sala de prensa

Santiago, 06 de Marzo de 2025

A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo de inscrición para a V Residencia literaria da Cidade da Cultura, que inicia unha nova etapa baixo a dirección da escritora e xestora cultural, Eva Mejuto. Esta nova convocatoria amplía a súa oferta para acoller, ademais de proxectos de narrativa, propostas teatrais e de poesía inéditos de autoras e autores emerxentes e escritos en galego.

Santiago, 05 de Marzo de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Biblioteca e Arquivo de Galicia a exposición Mulleres artistas: aprendendo o oficio enmarcada na programación do Goberno galego con motivo do Día da Muller, que se celebra o vindeiro 8 de marzo. Trátase dunha mostra coa que se convida a reflexionar sobre o acceso da muller á educación artística e que se poderá visitar na Cidade da Cultura ata finais deste ano. 

Santiago, 02 de Marzo de 2025

O Museo do Mar de Galicia acollerá desde o 13 de marzo ata o 18 de maio a exposición Nicolás Muller en Galicia, unha mostra que recolle unha selección 50 imaxes das 700 fotografías que un dos documentalistas máis relevantes do século XX tomou en terras galegas durante as súas viaxes, moitas delas localizadas nas Rías Baixas. Así, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude segue a apostar polas itinerancias dos seus proxectos expositivos por todo o territorio, como é o caso desta proposta xestada na Cidade da Cultura.

Páxinas