O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe na Biblioteca de Galicia a exposición Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo coa que a Xunta de Galicia celebra o Día da Ilustración, efeméride coa se conmemora a data de nacemento de Castelao e que este ano está dedicada ao artista de Mondoñedo, autor de obras icónicas como cartelista e muralista e que traballou man a man con Isaac Díaz Pardo durante 40 anos en Sargadelos.
A Cidade da Cultura acaba de ser elixida como insignia da cultura galega en 2024 polo Observatorio da Cultura da Fundación Contemporánea, un prestixioso informe elaborado coas valoracións de máis de 400 expertos e profesionais de toda España que mantén a Galicia, repetindo o posto do 2023, como a sexta comunidade pola calidade e innovación da súa oferta. Trátase dun recoñecemento que foi entregado hoxe en Málaga á directora xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez.
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia vén de nomear a Verónica Santos Farto (Paredes-Vilaboa, Pontevedra-1973) directora de Acción Cultural. A designación, que se publicará no Diario Oficial de Galicia nos próximos días, prodúcese tras obter a maior valoración nun proceso de selección convocado pola Fundación, suxeito aos principios de transparencia, igualdade, mérito e capacidade.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de anunciar a programación para este ano do festival infantil de curtametraxes Pequefilmes, con máis de 70 películas dunha vintena de países que converten a Cidade da Cultura no escaparate do mellor cinema de animación internacional para a cativada.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude clausura este domingo 26 de xaneiro no Museo Gaiás Outras historias posibles, exposición que reclama para as novas xeracións o talento de seis mulleres que despuntaron a finais do pasado século XX na arte contemporánea feita en Galicia: Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- …
- seguinte ›
- última »




