A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude impulsa dentro do ciclo Clásicas desfeitas a estrea de Medea–Mamá–Monstro, unha nova creación teatral de Laura Porto e Helena Varela que interpela ao público para intentar dilucidar quen foi realmente Medea, a muller arquetipo da vinganza que retratou Eurípides na súa traxedia clásica. O director xeral de Cultura, Anxo M.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura unha nova instalación inmersiva que combina creatividade e tecnoloxía nunha aposta por achegar ao público galego experiencias innovadoras no eido das artes dixitais. Orixes propón ás persoas visitantes unha viaxe a través da evolución da vida no planeta Terra, ao tempo que promove a conciencia medioambiental, especialmente entre as xeracións máis novas.
A Xunta de Galicia promove a estrea este venres de Mala vida e pior morte do rei Ricardo III, unha peza teatral que confronta con humor o cruel retrato da traxedia de Shakespeare protagonizada polo monarca inglés. O espectáculo, que esgotou entradas para esta fin de semana, compón o volume XII das Clásicas desfeitas, o ciclo impulsado polo Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura que revisa obras fundamentais da literatura desde unha óptica contemporánea.
A Xunta de Galicia celebrará o Entroido na Cidade da Cultura de Galicia cun baile de disfraces para público familiar inspirado no imaxinario dunha das sagas literarias máis recoñecidas e queridas por público infantil e xuvenil de todo o mundo, O Marabilloso Mago de Oz, escrita polo autor estadounidense L. Frank Baum.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe na apertura da novena edición do festival de curtametraxes Pequefilmes na Cidade da Cultura, no que se proxectarán máis de 70 películas dunha vintena de países ao longo da fin de semana e onde se agarda unha asistencia de máis de 2.000 persoas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- …
- seguinte ›
- última »




