A Cidade da Cultura de Galicia convértese este sábado, 11 de outubro, nun improvisado circuíto de atletismo no que unhas 900 persoas reivindicarán os beneficios do deporte para a sociedade.
A Cidade da Cultura acollerá por segundo ano consecutivo o Curso Superior de Sumiller Profesional do Instituto Galego do Viño, iniciativa coa que se pretende avanzar na profesionalización dun sector punteiro na economía galega.
Unha app de xeolocalización de espazos culturais para smartphone, unha firma de deseño de pezas téxtiles únicas e unha cooperativa de traballo para profesionais de xestión e creación contemporánea. Estes son os tres gañadores da segunda convocatoria dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, promovidos pola Fundación Cidade da Cultura para poñer en marcha ideas innovadoras no mundo das industrias culturais, que vén de fallar a consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convida a todos os afeccionados ao ciclismo a acudir o domingo 14 de setembro ao Gaiás para presenciar a última etapa da Vuelta Ciclista a España, unha contrarreloxo individual que sairá da Cidade da Cultura e rematará na praza do Obradoiro.
A partir das 17 horas os corredores comezarán a saír desde a rampa situada entre a Biblioteca e o Centro de Emprendemento. O descenso do Gaiás ofrece unha lugar perfecto para gozar dun etapa rápida na que se coñecerá o gañador desta edición.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida a todos os galegos a descubrir a exposición Auga Doce, que este martes, 2 de setembro, entra na súa recta final con entrada de balde para todos os públicos, ata o 14 de setembro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 229
- 230
- 231
- 232
- 233
- 234
- 235
- 236
- 237
- …
- seguinte ›
- última »




