A Cidade da Cultura convida a descubrir a maxia do cine a través do son. Será no obradoiro Sons de película, co que os máis pequenos da casa coñecerán os diferentes procesos de son que se levan a cabo nunha produción audiovisual: desde a rodaxe, á montaxe, edición e mistura final.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou este venres na inauguración da exposición O berce do libro. Incunables da colección ABANCA, nun acto no que estivo acompañado do director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA, Miguel Ángel Escotet; e mais do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
A Cidade da Cultura celebrará o vindeiro mes de febreiro no Museo Centro Gaiás o festival Escenas do cambio, dedicado ao teatro, a danza e a arte en acción. Dezasete espectáculos, catro conferencias-performances e varios grupos de reflexión darán corpo a un programa integrado por compañías principalmente galegas, españolas, lusas e latinoamericanas.
Luces, cámaras, acción! O Museo Centro Gaiás volve abrir as súas portas coa mostra Cinegalicia25, coa que todos os galegos están convidados a festexar as vodas de prata do noso audiovisual, ao cumprirse 25 anos da estrea das primeiras longametraxes de ficción en galego: Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, Urxa de Carlos A. L. Piñeiro e Alfredo García Pinal, e Continental, de Xavier Villaverde.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou a programación especial Cinegalicia25, coa que a Xunta de Galicia comparte coa cidadanía a conmemoración do vixésimo quinto aniversario da estrea das tres primeiras longametraxes galegas, Sempre Xonxa, Continental e Urxa, que tivo lugar en novembro de 1989 no marco do encontro Cinegalicia celebrado en Vigo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 227
- 228
- 229
- 230
- 231
- 232
- 233
- 234
- 235
- …
- seguinte ›
- última »




