Sala de prensa

 
Santiago, 05 de Agosto de 2014

Especies autóctonas reforestarán as ladeiras do Gaiás dando lugar ao Bosque de Galicia. Este novo espazo verde de Compostela presentouse esta mañá por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; os conselleiros de Cultura, Medio Rural e Medio Ambiente -co-responsalbes do proxecto-; a directora da Escola da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, Isabel Aguirre; e o alcalde de Santiago de Compostela, Agustín Hernández.

Santiago, 29 de Xullo de 2014

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou esta mañá unha nova aplicación móbil coa que se pretende facilitar e enriquecer a visita do público ao Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Con esta app, desenvolvida con tecnoloxía galega e por emprendedores galegos, Cultura e Educación busca proporcionarlle unha experiencia novidosa aos visitantes a través dos seu teléfonos móbiles ou tablets.

Santiago, 24 de Xullo de 2014

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, inaugurou este mércores na Cidade da Cultura a exposición Vilardevós, unha mostra conformada por unha escolma de mapas de gran valor procedentes da colección cartográfica e da biblioteca que Rodolfo Núñez de las Cuevas lle doou recentemente á Biblioteca de Galicia.

Santiago, 16 de Xullo de 2014

O IV Encontro de Artistas Novos xa ten participantes. Tras recibir un total de 342 solicitudes, o maior número de candidaturas destas catro edicións, xa temos o nome dos 70 creadores seleccionados para que do 9 ao 12 de setembro participen neste IV EAN. (Consulta o listado completo no documentos adxunto-Área de descargas).

Santiago, 14 de Xullo de 2014

A Cidade da Cultura celebrará de 3 ao 6 do vindeiro mes de setembro no Gaiás unhas xornadas académicas coas que achegarlle aos estudantes de Historia da Arte e profesionais do ámbito museístico os procesos que se agochan tras a montaxe dunha exposición.

Páxinas