A Cidade da Cultura de Galicia inaugura o vindeiro venres 13 de marzo o novo proxecto expositivo do Museo Centro Gaiás: a mostra Camiño. A Orixe, un convite a descubrir o xérmolo, o inicio dun fenómeno que perdura ata os nosos días, o da peregrinación a Santiago.
O Gaiás acollerá os días 11 e 12 de abril a segunda edición da Cidade do Futsal, actividade pensada para nenos de 6 a 12 anos que combina un torneo de fútbol sala cunha zona de lecer.
O patrocinador do evento deportivo deste ano Viaqua, e os colaboradores Fundación Cidade da Cultura e Concello de Santiago de Compostela, apostan por promover o deporte do fútbol sala entre os máis pequenos e o compromiso co medio ambiente e, en xeral, coa cidade de Santiago de Compostela.
A Cidade da Cultura de Galicia convida á cidadanía a participar dunha forma simbólica na construción do Bosque de Galicia plantando unha árbore no Gaiás. A través da Fundación Cidade da Cultura e co apoio da Fundación USC Deportiva, persoais individuais ou en grupos poderán acudir os sábados pola mañá e contribuír a encher de vida as ladeiras do monte Gaiás.
A Cidade da Cultura celebra o vindeiro 16 de febreiro un Baile de Entroido no que gozar coas mellores cancións da historia do rock. Só por ir disfrazados, pais e nenos están convidados a asistir ao Museo Centro Gaiás a un concerto moi especial da ‘Rock and Kids band’, banda formada por iconas do rock local como Amy Guay, Angus, Jon Limón, Fredy Mercurio e Kiss.
Latitude, unha empresa pioneira no mundo da moda galega, establécese no Gaiás co obxectivo de contrubír desde aquí á reindustrialización do sector téxtil a través do valor engadido da sustentabilidade.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 226
- 227
- 228
- 229
- 230
- 231
- 232
- 233
- 234
- …
- seguinte ›
- última »




