A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a celebración da VIII edición de Arco Verde, a exposición de planta ornamental máis importante do noroeste peninsular coa que se pretende impulsar varias rutas turístico-culturais de Galicia.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inaugurará o vindeiro 21 de marzo a terceira grande exposición da Cidade da Cultura: ‘Auga Doce’. Esta será unha mostra multidisciplinar formada por 700 obras nas que grandes mestres da arte lle renden unha homenaxe a un elemento clave na identidade galega como é a auga doce. A mostra non terá custo para a Xunta de Galicia xa que estará financiada polo patrocinio de empresas privadas, acordos que se darán a coñecer proximamente.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe na Cidade da Cultura de Galicia a programación promovida pola Xunta de Galicia para conmemorar as Letras Galegas 2014, dedicadas ao poeta e tradutor lucense Xosé María Díaz Castro.
Santiago acolleu hoxe a presentación da etapa final da 69 Edición da Volta Ciclista a España. A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; a xerente da Fundación Cidade da Cultura, Beatriz Loroño; o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo e o alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Curras, realizaron hoxe unha presentación sobre a etapa final desta relevante cita deportiva. A última etapa da competición ciclista máis importante do Estado celebrarase en Santiago de Compostela.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, acompañado pola familia Sixto-Seco entregou esta tarde os premios ‘Emprende Gaiás-Sixto Seco’, promovidos pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia para poñer en marcha ideas innovadoras no mundo das industrias culturais e creativas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 231
- 232
- 233
- 234
- 235
- 236
- 237
- 238
- 239
- …
- seguinte ›
- última »




