A Cidade da Cultura de Galicia convoca a terceira edición dos Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia, que nesta edición conta coa colaboración de Sabadell Gallego.
A Cidade da Cultura convida a compartir unha tarde de literatura coa autora arxentina Claudia Piñeiro, coñecida polas súas novelas policiais e autora de libros tan exitosos como Las viudas de los jueves ou Tuya.
A Cidade da Cultura celebrará do 8 ao 11 de xuño unhas xornadas académicas coas que achegarlle aos estudantes de Historia da Arte e profesionais do ámbito museístico os procesos que se agochan tras a montaxe dunha exposición.
O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acollerá en maio, xuño e setembro Enocións by Ribeiro, ciclo patrocinado pola D.O. do Ribeiro que explora a relación entre as emocións do Camiño, o mundo da arte e a cultura do viño.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha o V Encontro de Artistas Novos ‘Cidade da Cultura’, no que setenta creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea ao longo de catro días de convivencia e intercambio de experiencias con outros axentes culturais.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 224
- 225
- 226
- 227
- 228
- 229
- 230
- 231
- 232
- …
- seguinte ›
- última »




