Convidámoste a facer o Camiño... a bocados con Galicia Calidade e Correos

Santiago de Compostela, 06 de Xullo de 2015

Galicia Calidade e a Cidade da Cultura, da man de Correos, convídante a facer o Camiño… a bocados.

A gastronomía é duns signos de identidade cultural de Galicia e, como non, da ruta xacobea. Por iso, animámosvos a subir ao twitter os mellores pratos galegos cos que vos atopástedes no Camiño de Santiago: polbo á feira, empanada, caldo, pescada, centolas, bocadillo de queixo de Arzúa…

Comparte connosco os mellores manxares da nosa terra e gaña un lote de produtos Galicia Calidade para que poidas seguir apreciando a excelencia da gastronomía galega. E grazas a Correos, non terás nin que molestarte en transportalo. Grazas ao Paq Peregrino de ‘El camino con Correos’, o teu premio estará esperándote na casa á volta do Camiño.

O concurso fotográfico O Camiño a bocados enmárcase na exposición Camiño. A orixe (ata o 13 de setembro no Museo Centro Gaiás) co obxectivo de ofrecer novas dimensións da ruta xacobea e achegar esta mostra artística a través dunha canle máis accesible para todos os públicos como é a fotografía non profesional e fomentar a interacción co público a través deste concurso online. Consulta as bases na zona de descargas e participa!

 
pdf 521.5 KB