A Cidade da Cultura de Galicia convida á cidadanía a participar dunha forma simbólica na construción do Bosque de Galicia plantando unha árbore no Gaiás. A través da Fundación Cidade da Cultura e co apoio da Fundación USC Deportiva, persoais individuais ou en grupos poderán acudir os sábados pola mañá e contribuír a encher de vida as ladeiras do monte Gaiás.
A Cidade da Cultura celebra o vindeiro 16 de febreiro un Baile de Entroido no que gozar coas mellores cancións da historia do rock. Só por ir disfrazados, pais e nenos están convidados a asistir ao Museo Centro Gaiás a un concerto moi especial da ‘Rock and Kids band’, banda formada por iconas do rock local como Amy Guay, Angus, Jon Limón, Fredy Mercurio e Kiss.
Latitude, unha empresa pioneira no mundo da moda galega, establécese no Gaiás co obxectivo de contrubír desde aquí á reindustrialización do sector téxtil a través do valor engadido da sustentabilidade.
A Cidade da Cultura convida a descubrir a maxia do cine a través do son. Será no obradoiro Sons de película, co que os máis pequenos da casa coñecerán os diferentes procesos de son que se levan a cabo nunha produción audiovisual: desde a rodaxe, á montaxe, edición e mistura final.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou este venres na inauguración da exposición O berce do libro. Incunables da colección ABANCA, nun acto no que estivo acompañado do director xeral de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de ABANCA, Miguel Ángel Escotet; e mais do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 221
- 222
- 223
- 224
- 225
- 226
- 227
- 228
- 229
- …
- seguinte ›
- última »




