A Cidade da Cultura converterá a moda e o sector téxtil galego nos protagonistas da próxima gran exposición do Museo Centro Gaiás, nunha mostra que se inaugurará o 11 de marzo e que busca consolidar a ‘marca Galicia’ coa posta en valor das achegas dos grandes deseñadores galegos e os logros empresariais acadados por un sector estratéxico, constituído por 500 empresas, que dá emprego a 13.000 persoas e que representan o 11% da riqueza da comunidade.
A Cidade da Cultura de Galicia organiza o vindeiro 16 de febreiro a partir das 16:30 horas unha xornada ao redor da figura do fotógrafo galego José Suárez, a quen a Cidade da Cultura lle dedica unha mostra retrospectiva da súa vida e obra no Museo Centro Gaiás baixo o título José Suárez. Uns ollos vivos que pensan.
A Cidade da Cultura convida a grandes e maiores ao Baile de Entroido Chinés que se celebrará no Centro de Innovación Cultural o luns 8 de febreiro. A festa, que arrancará ás 17 horas, servirá para darlle a benvida ao novo ano chinés, e contará coa tradicional Danza do León e a música en directo da banda de rock para nenos A Gramola Gominola.
A Cidade da Cultura convida a profesionais do sector artístico a participar no Grupo de lectura e acompañamento ao festival Escenas do Cambio, que terá lugar do 28 de xaneiro ao 6 de febreiro da man da investigadora e teórica en artes escénicas Isabel de Naverán e a coreógrafa Idoia Zabaleta.
Ningún dos cinco ten máis de 13 anos, pero xa poden presumir de ter gravado un disco nos míticos estudios Abbey Road de Londres. Son de Pontevedra e chámanse Furious Monkey House, a banda infantil revelación. O seu primeiro álbum "Run" deixa claro que a súa formación musical ten máis que ver cos Smashing Pumpkins ou Nirvana que cos Auryn.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 220
- 221
- 222
- 223
- 224
- 225
- 226
- 227
- 228
- …
- seguinte ›
- última »




