Sala de prensa

 
Santiago, 03 de Novembro de 2016
Camilo José Cela. O centenario dun Nobel

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Fundación Cidade da Cultura e da Fundación Camilo José Cela, inaugurará o 18 de novembro no Museo Centro Gaiás a exposición máis ambiciosa realizada ata o momento sobre Cela, no que será o acto central do programa preparado para conmemorar os cen anos do seu nacemento en Iria-Flavia.

Santiago, 31 de Outubro de 2016
EAN-Arxentina

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dá a coñecer o nome dos quince creadores españois seleccionados para participar no Encontro de Artistas Novos “Cidade da Cultura” de  Arxentina, que terá lugar do 5 ao 9 de decembro na cidade de Córdoba.

Santiago, 28 de Outubro de 2016
IV Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en funcións, Román Rodríguez, destacou o “talento, esforzo e valentía” dos gañadores dos VI Premios Emprende Gaiás Sixto Seco, certame co que a Xunta, a través da Fundación Cidade da Cultura, favorece o emprendemento no eidos das industrias culturais en Galicia.

Santiago, 27 de Outubro de 2016
Womex'16

A celebración de Womex a pasada semana en Santiago de Compostela confirmou a calidade técnica e o talento artístico do sector musical galego diante dos 2.400 profesionais chegados desde 95 países para participar durante cinco días no meirande mercado internacional da ‘world music’.

Santiago, 25 de Outubro de 2016
A través dun horizonte sen corpo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria anuncia que o proxecto A través dun horizonte sen corpo de Fredy Solano vén de ser elixido como gañador da IV Convocatoria de Intervencións Artísticas nas Torres Hejduk, certame organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e aberto a todos os participantes no VI Encontro de Artistas Novos. O artista, de orixe salvadoreño pero residente actualmente en Vigo, plasmará no Gaiás o seu concepto da arte como ocupación e intervención do espazo público.

Páxinas