Cancelada a sesión de Nexos deste 28 de xaneiro

Santiago de Compostela, 26 de Xaneiro de 2017

A Cidade da Cultura de Galicia vese na obriga de suspender a primeira sesión do ciclo Nexos do ano que, baixo o título O aforismo e a beleza da síntese, estaba previsto que tivese lugar este sábado na Biblioteca e Arquivo de Galicia. A repentina cancelación débese a problemas de saúde do relator, o profesor Jorge Wagensberg, que impiden o seu desprazamento a Compostela. A cancelación afecta tanto á sesión de adultos como á de infantil.

Unha vez se coñeza a nova data, será comunicada a través de cidadecultura.gal e as diferentes redes sociais da Cidade da Cultura.

A Cidade da Cultura lamenta as molestias que este cambio poida ocasionarlles aos inscritos nesta sesión.