Sala de prensa

 
Santiago, 16 de Abril de 2025

A maior e máis completa exposición sobre o mundo da tatuaxe pecha as súas portas este domingo 20 de abril no Museo Centro Gaiás logo de ter recibido preto de 35.000 visitas. Inaugurada a finais do pasado outubro pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e producida co musée du quai Branly – Jacques Chirac de París e a colaboración da Fundación “la Caixa”, Tattoo. Arte baixo a pel permitiu ao público galego descubrir aspectos artísticos e curiosidades históricas para comprender a relevancia cultural e social dunha práctica milenaria.

Santiago, 11 de Abril de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou no Museo Centro Gaiás a exposición Rafael Úbeda. Visión retrospectiva. A mostra abrangue as máis de sete décadas de traxectoria de Rafael Úbeda (Pontevedra, 1932), que, aos seus 93 anos,  presenta unha das grandes exposicións da súa vida, que poderá visitarse ata o vindeiro 7 de setembro.

Santiago, 11 de Abril de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o director xerente de Afundación, a Obra Social de ABANCA, Pedro Otero, presentaron esta mañá a itinerancia da instalación inmersiva Hábitats. Natureza estendida, que abrirá as súas portas na sede de Afundación na Coruña o vindeiro día 24 de abril. López Campos apuntou “a importancia de levar Hábitats a outras localidades de Galicia máis alá da súa instalación orixinal na Cidade da Cultura, para que todas as galegas e galegos poidan vivir esta aventura dixital centrada na biodiversidade do planeta”.

Santiago, 04 de Abril de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o director xerente de Afundación, a obra social ABANCA, Pedro Otero, inauguraron esta mañá a exposición Outras historias posibles no Café Moderno Afundación de Pontevedra. A proposta promove unha mirada máis diversa sobre a arte contemporánea galega ao reivindicar as traxectorias de seis destacadas creadoras: Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré. Comisariada por Susana Cendán, quen tamén estivo na inauguración, a mostra poderá visitarse ata o 30 de maio.

Santiago, 02 de Abril de 2025

O director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a exposición A Vía da Prata. Aires do Sur, unha mostra que reivindica o patrimonio cultural e histórico do Camiño de Santiago, a través da ollada dunha trintena de fotógrafos clásicos e contemporáneos. A mostra percorre 150 anos da historia da fotografía, desde pioneiros como Jean Laurent a J.

Páxinas