Un milleiro de persoas, entre elas moita cativada, participaron este sábado, día 5, na divertida carreira da Holi Gaiás, na Cidade da Cultura de Galicia, para darlle a benvida á primavera dun xeito divertido, familiar e en contacto coa natureza, xa que precisamente este actividade forma parte do programa Cidade Verde que se desenvolveu durante a xornada de hoxe e incluíu andainas interpretativas polo Bosque de Galicia e unha demostración de papaventos para tirar proveito e vantaxes do vento tan característico do cumio do monte Gaiás.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Galicia Sustentable celebran na Cidade da Cultura de Galicia unha nova edición do InquEDU: Falemos de Educación, un encontro para compartir iniciativas, divulgar ideas e proxectos pedagóxicos innovadores, así como fomentar o debate e a reflexión sobre novas propostas educativas.
A Cidade da Cultura de Galicia súmase á celebración do Día das Letras Galegas cunha lectura participativa de obras de María Victoria Moreno (Cáceres, 1939 - Pontevedra, 2005), escritora homenaxeada este 2018, e que será emitida en liña polas redes sociais para que cheguen a calquera parte do mundo as creacións desta mestra estremeña, pioneira da narración en galego para as xeracións máis novas.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e o director de Instituto Cervantes, Juan Manuel Bonet, inauguraron hoxe na Cidade da Cultura de Galicia Baldomero Pestana, a verdade entre as mans, exposición que ambas institucións organizan de xeito conxunto para recuperar e pór en valor a obra do fotógrafo galego (Castroverde, Lugo.
Serán_01. I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional reunirá na Cidade da Cultura entre o 8 e o 10 de xuño a todo o sector do folclore galego, desde artistas e agrupacións de música, canto e baile tradicional a integrantes de sectores relacionados a nivel artístico, técnico ou artesanal.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 166
- 167
- 168
- 169
- 170
- 171
- 172
- 173
- 174
- …
- seguinte ›
- última »




