Sala de prensa

 
Santiago, 01 de Marzo de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia celebra o vindeiro 24 de marzo unha nova sesión de Nexos, na que a análise e a reflexión habitual no seus temas terán como protagonista, nesta ocasión, o estado actual do patrimonio galego, baixo o título Confín dos verdes castros... O patrimonio e a identidade de nós.

Santiago, 27 de Febreiro de 2018

A Cidade da Cultura inaugurará o vindeiro 16 de marzo a exposición Galicia universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación, a mostra máis ambiciosa realizada nos últimos anos sobre arte galega.

Santiago, 26 de Febreiro de 2018

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora da Banda de Música de Lalín, Isabel María Rubio Molina, mantiveron unha xuntanza de traballo para abordar o concerto que se celebrará na Cidade da Cultura de Galicia o vindeiro 17 de marzo, enmarcado nos actos conmemorativos do Día internacional da muller.

Santiago, 26 de Febreiro de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia despide este venres, día 2, o Pergamiño Vindel —que regresa a Nova York tras exhibirse durante seis meses no Museo do Mar de Galicia en Vigo— cun concerto especial dun dos grupos de música antiga máis aclamados da escena internacional, Ensemble Micrologus.

Santiago, 24 de Febreiro de 2018

O ciclo de cultura contemporánea Nexos contou este sábado na Cidade da Cultura con dous referentes da banda deseñada e da animación en Galicia, Alberto Vázquez e Manel Cráneo, que analizaron as claves da explosión creativa que están a vivir ambas disciplinas, nas que eles dous teñen un amplo recoñecemento con tres Premios Goya, o primeiro; e un Premio Nacional de Cómic, o segundo.

Páxinas