Sala de prensa

 
Santiago, 22 de Marzo de 2018
A música de Caxade e De Vacas pecha esta fin de semana os encontros profesionais ‘Atlantic Emprende + Gaiás’

A fin de semana do 24 e 25 de marzo a Cidade da Cultura acolle as xornadas profesionais Atlantic Emprende+Gaiás, destinadas a promover a formación, reflexión e debate arredor dos retos e oportunidades do sector musical.

Santiago, 21 de Marzo de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia inaugurou hoxe, coincidindo coa celebración do Día da Árbore, Betula Pendula, unha intervención paisaxística con bidueiros nas Torres Hejduk.

Santiago, 19 de Marzo de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia celebra este sábado, 24 de marzo, unha nova sesión de Nexos, na que a análise e a reflexión habitual no seus temas terán como protagonista, nesta ocasión, o estado actual do patrimonio galego, afondando nas ameazas e os retos para a súa conservación baixo o título Confín dos verdes castros... O patrimonio e a identidade de nós.

Santiago, 17 de Marzo de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia acolle hoxe, ás 20.30 horas, o concerto Marcamos o compás, a primeira actuación que se organiza na Comunidade galega dunha banda integramente feminina, formada por 81 instrumentistas procedentes de toda Galicia, dirixidas por Isabel María Rubio, e que interpretarán un repertorio de pezas creadas todas elas por compositoras, xa que se trata dun evento que se inscribe nos actos conmemorativos do Día da Muller da Consellería de Cu

Santiago, 16 de Marzo de 2018
Inaugurada a mostra ‘Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación’

 

A Cidade da Cultura acolle desde este venres, 16 de marzo, a mostra máis ambiciosa realizada, ata o momento, sobre a arte galega: Galicia Universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación. A exposición presenta unha selecta escolma de 192 obras procedentes das dúas coleccións corporativas de arte máis senlleiras da comunidade e entre as máis importantes de España.

Páxinas