Sala de prensa

 
Santiago, 06 de Marzo de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia adiántase á celebración do Día da Árbore (o 21 de marzo) e festexa este efeméride coa campaña Ponnos verde! coa túa escola, na que escolares plantarán carballos e bidueiros no Bosque de Galicia, inmerso na ampliación da segunda fase que contará, ao rematar, con 34 hectáreas e 12.000 árbores autóctonas.

Santiago, 05 de Marzo de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia súmase á celebración do Día da Muller co primeiro concerto que se organizará na Comunidade galega dunha banda integramente feminina. Marcamos o compás xuntará, o 17 de marzo ás 20,30 h. no Museo Centro Gaiás, a 81 instrumentistas que interpretarán un repertorio de pezas creadas todas elas por compositoras.

Santiago, 02 de Marzo de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia mergullarase hoxe no medievo a través das Cantigas de Amigo de Martín Códax e que interpretarán —do xeito máis fiel a como soaban na época— a emblemática formación Ensemble Micrologus no concerto de despedida do Pergamiño Vindel, que regresa a Nova York tras exhibirse durante seis meses no Museo do Mar de Galicia en Vigo.

Santiago, 01 de Marzo de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia celebra o vindeiro 24 de marzo unha nova sesión de Nexos, na que a análise e a reflexión habitual no seus temas terán como protagonista, nesta ocasión, o estado actual do patrimonio galego, baixo o título Confín dos verdes castros... O patrimonio e a identidade de nós.

Santiago, 27 de Febreiro de 2018

A Cidade da Cultura inaugurará o vindeiro 16 de marzo a exposición Galicia universal. A arte galega nas coleccións de ABANCA e Afundación, a mostra máis ambiciosa realizada nos últimos anos sobre arte galega.

Páxinas