Sala de prensa

 
Santiago, 11 de Maio de 2018
Bota a andar ‘Reb/veladas na paisaxe’, un ciclo de intervencións artísticas nos espazos verdes do Gaiás

A Cidade da Cultura de Galicia bota a andar Reb/veladas na paisaxe, un novo ciclo de intervencións artísticas nos espazos verdes do Gaiás co que se procura non só a posta en valor das súas zonas naturais —Bosque de Galicia e Parque do Lago– senón tamén darlle visibilidade á presenza da muller na arte contemporánea, incorporando unha perspectiva de xénero que reflicta a diversidade no ámbito creativo.

Santiago, 09 de Maio de 2018
Equipo de Acción Contra el Hambre no Centro de Emprendemento do Gaiás (Foto: María Belén Gómez Rosbier)

A Cidade da Cultura acolleu hoxe a xornada ‘Cultivando o emprego, semente para a inclusión’, promovida pola entidade Acción contra el Hambre. Concibido como un encontro dinámico e participativo, o evento afondou no impacto das iniciativas de emprendemento e procura de emprego na inclusión social, analizando experiencias en primeira persoa do ‘Vives Proxecto’ (Vives Proyecto), desenvolvido en Galicia por esta ONG para apoiar a persoas desempregadas ou en situación de inestabilidade laboral.

Santiago, 07 de Maio de 2018

A Cidade da Cultura de Galicia ampliará a celebración do venres día 18 do Día dos Museos tamén ao sábado 19 cunha ampla programación na que as visitas comentadas, en 13 modalidades diferentes, serán as principais protagonista. Trátase dun xeito de tirar proveito da alta valoración e demanda que este formato rexistra no Museo Centro Gaiás, á vez que fornecer o lema deste ano: a hiperconectividade.

Santiago, 06 de Maio de 2018
Volve o 'Encontro de Artistas Novos' con 40 prazas para creadores emerxentes

Corenta creadoras e creadores emerxentes darán a coñecer no Gaiás os seus proxectos artísticos da man do Encontro de Artistas Novos ‘Cidade da Cultura’, que vén de abrir unha nova convocatoria. Impulsado pola Xunta, a través da Fundación Cidade da Cultura, e coa colaboración da Fundación Banco Sabadell, o EAN chega á súa oitava edición como un formato consolidado no que xa presentaron os seus traballos medio milleiro de creadores.

Páxinas