A Xunta de Galicia está a festexar hoxe o Día da Música na Cidade da Cultura coa celebración de tres concertos con público ao longo de toda a xornada, e que tamén están a ser retransmitidos en directo pola canle de Youtube do Gaiás e polo web cidadedacultura.gal.
A exposición Galicia, de Nós a nós reunirá en outubro na Cidade da Cultura máis de 300 pezas na que aspira a ser a mostra máis completa e ambiciosa realizada ata o de agora sobre a Xeración Nós e unha das citas culturais imprescindibles deste outono, no que conmemoramos o centenario da publicación da revista Nós.
O quinto webinario dos Foros #ACULTURASEGUE. Reflexións sobre a cultura na era poscovid-19 estivo centrado esta tarde nos desafíos aos que se enfronta o sector do cinema e o audiovisual no contexto actual. A sesión estivo conducida polo director da Agadic, Jacobo Sutil Nesta, e contou coa participación da cineasta catalá Carla Simón e o produtor e CEO de Portocabo, Alfonso Blanco.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 109
- 110
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- …
- seguinte ›
- última »




