O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu á clausura do programa formativo en transformación dixital, xestión empresarial e emprendemento nas industrias culturais e creativas, organizado no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura pola Cámara de Comercio de Santiago en colaboración coa Xunta de Galicia.
A música e o circo foron os grandes protagonistas esta tarde na Cidade da Cultura co espectáculo Orquestra de malabares, un proxecto da banda Unión Musical de Meaño e a compañía galega de novo circo Pistacatro. Dirixido especialmente a público infantil e familiar, este diálogo escénico entre seis malabaristas e unha banda de música congregou no Museo Centro Gaiás a un público de máis de 400 persoas no primeiro dos espectáculos programados con motivo dos festexos do Nadal no Gaiás.
A Xunta de Galicia convida as familias a vir gozar desde hoxe ao Museo Centro Gaiás dunha cidade de Nadal recreada con máis de 50.000 globos biodegradables; presidida por unha árbore xigante para decorar entre todos; e animada por obradoiros de balde para a cativada.
Teatro amador con banda sonora ao vivo foi a proposta escénica do espectáculo MIB: Músicos In Black, que esta tarde interpretaron no Museo Centro Gaiás a banda Unión de Guláns e o grupo de teatro Todos Xuntos, un proxecto no que implicaron a toda a veciñanza desta pequena aldea de Ponteareas.
A Xunta de Galicia convida as familias a gozar do 13 de decembro ao 6 de xaneiro de Nadal no Gaiás cunha programación que transformará a Cidade da Cultura nunha urbe de conto, ateigada de cor, figuras de globos, obradoiros para a cativada, un espectáculo circense-musical e unha gran gala de magos, chegados de todos os recunchos do planeta, xa que a maxia será a protagonista das actividades artelladas para
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 111
- 112
- 113
- 114
- 115
- 116
- 117
- 118
- 119
- …
- seguinte ›
- última »




